INSTALACIÓN ESTACIÓN METEOROLÓXICA
No cole partimos este ano de cero en Meteoescolas.
Así que o primeiro que tivemos que facer é crear unha estación meteorolóxica coa que tomar medidas.
Pero antes de instalar esta estación meteorolóxica o que tivemos que facer e indagar que elementos básicos tiña que levar. Que era iso do pluviómetro, para que se usaba que media. Como se medía a temperatura, e o vento...
Buscamos polo cole coa axuda de José o bedel algunha cousiña para colocar a estación.
Unha vez feita a estructura básica comezaron a decora os pequenos e remataron e instalaron os maiores de 5º de primaria.
Pero o cabo duns días déronse conta que as medidas non eran reais, e buscaron o novo sitio para a toma de temperaturas.
Quedounos ben chula e co tempo iremos dándolle máis forma.
Comentarios
Publicar un comentario