A NEVE E O INVERNO
Dende as aulas de infantil,de Pedagoxía Terapéuta, de Audición e Linguaxe e nas clases de inglés nos diferentes niveis traballouse o invierno con contos, cancións, adiviñas, traballando o vocabulario relacionado, rutinas....
Pero tamén indagamos un pouquiño cómo se formaba a neve e o xeo e os copos de neve:
Fixemos reproducións diferentes técnicas e partir da motivación traballamos o grafismo tan necesario para a escrita posterior.
Os pequenos fixeron debuxos de paisaxes, bonecos de neve, folerpas, etc.
E xogamos coa neve. Ou polo menos, co que puidemos porque tras ver que onde vivíamos era moi difícil que nevase optamos por facer neve artificial de varios xeitos e xogamos con ela
Tanto nas aulas de infantil, na aula de apoio como nos recreos Meteo cos axudantes voluntarios.
Estos son algúns dos videos que empregamos para traballar:
Nas clases de ingles ademáis do vocabulario e construcións típicas na rutina diaria do tempo tamén traballaron expresión relacoinadas co tempo como : "It´s raining cats and dogs"
E traballaron a creatividade, variando esta frase e adaptándoa os fenémenos atmosféricos. Por exemplo "It´s snowing cats and dogs".
Comentarios
Publicar un comentario