Publicacións

Mostrando publicacións desta data: marzo, 2024

PINTAMOS A AUGA E CELEBRACIÓN DO DIA MUNDIAL DA METEOROLOXÍA

Imaxe
Aproveitando o cambio de estación do inverno á primavera e a celebración do Día Mundial da Meteoroloxía, traballamos as diferentes formas de nomear a auga na climatoloxía galega. Dende a biblioteca realizouse coma sempre unha pequena mostra de libros relacionados e o grupo de voluntarios da biblitoeca leunos uns poemas relacionados coa climatoloxía. Así mesmo o grupo de voluntarios MeteoFlavia realizou un cartel para conmemorar o día E aquí tedes nesta exposición unha mostra do traballo realizado en todo o cole coa axuda do departamento de Dinamización da Lingua Galega:

A NEVE E O INVERNO

Imaxe
  Dende as aulas de infantil,de Pedagoxía Terapéuta,  de Audición e Linguaxe e nas clases de inglés nos diferentes niveis traballouse o invierno con contos, cancións, adiviñas, traballando o vocabulario relacionado, rutinas.... Pero tamén indagamos un pouquiño cómo se formaba a neve e o xeo e os copos de neve:  Fixemos reproducións diferentes técnicas e partir da motivación traballamos o grafismo tan necesario para a escrita posterior.  E nas aulas de infantil empregouse tamén para trabalalr as matemáticas:  Os pequenos fixeron debuxos de paisaxes, bonecos de neve, folerpas, etc. E xogamos coa neve. Ou polo menos, co que puidemos porque tras ver que onde vivíamos era moi difícil que nevase optamos por facer neve artificial de varios xeitos e xogamos con ela Tanto nas aulas de infantil, na aula de apoio como nos recreos Meteo cos axudantes voluntarios.    Estos son algúns dos videos que empregamos para traballar:      Nas clases de ingles...

O CICLO DA AUGA

Imaxe
  O ciclo da auga é un tema que se traballa moito nas clases, e que veu xenial este ano de choivas, para entender un pouco mellor o proceso.  Así  temos un exemplo dun traballo feito nunha clase de segundo de primaria. E que posteriormente explicaron a algunhas clases de infantil.   E o traballamos tamén vendo vídeos coma estes: 

8M E PILAR SANJURJO

Imaxe
Este ano dentro das propostas levadas a cabo no centro para conmemorar o 8 M,  nas aulas traballamos a diferentes mulleres galegas   Nalgunhas aulas de infantil achegáronse un pouquiño a figura de Pilar Sanjurjo . Aprenderon a ler un mapa do tempo, e probaron a xogar a dar o telediario como facía ela. Aquí tedes un pequeno resumo do traballo feito nesas aulas