Estes días tivemos no centro una charla de mans de Verónica de Ciencia Divertida Galicia , para os nenos/as de segundo e de cuarto de primaria sobre as inundacións por desbordamentos dos ríos.   Que Augas de Galicia  puso en marcha por primeira vez este ano nos centros de ensino.  O noso Concello está nunha zona especialmente vulnerable.  E na visita explicáronnos de forma moi amena con actividades formativas, xogos e reparto de información  o Plan de Xestión do Risco de Inundación.